ATIVIDADES


Aqui umha explicaçom mais pormenorizada das Atividades do Encontro.


DINÁMICA EMOCIÓNS (globos)
“Sigo movéndome polo espazo. Observo ao meu redor ata atopar un globo, véxoo e diríximo cara el. Podo collelo e mentras o toco sigo camiñando e movéndome polo espazo (evitar os círculos e camiñar enchendo o lugar entre todas). Observo a súa cor, o seu cheiro e a súa textura. Agora, pouco a pouco imaxino que ese globo é algo moi valioso para min. Penso nalgo que me axuda a camiñar, a vivila vida. Vouno inflando e pensando no esforzo posto no camiño que vai facendo medrar o globo. Agora que medro e está cheo, abrazoo e penso que é aquelo tan valioso e que teño que protexer, pois me axuda a continuar os caminhos para a vida que quero vivir”.
--- entra persoa de fóra (sen globo) e comeza a pinchalos globos das compañeiras--
--- nun momento dado, unha das persoas do grupo (con globo) comeza a pinchar tamén—máis tarde ofrécelle a algunha un pincho co que pinchar os demais
---cada unha terá un rol ou actitude distinta (poli bueno, poli malo, etc.//máis ríxida e implicable ou máis dócil e sumisa...)----- O exercicio remata cando sexan eliminados todos os globos ou ben, se houber moita resistencia, cando a dinamizadora diga: “Stop! Agora cada unha ao seu ritmo e tentando evitar a palabra, vou procurando un lugar cómodo na roda/gran círculo. Cando me sente, pecho os ollos e descanso. Respiro polo nariz sentindo como o aire enche o meu corpo dende a cabeza, pasando polo peito e ata o estómago que se volve redondo...e pouco a pouco solto o aire desinchando 1º estómago, 2º peito e deixándoo saír polo nariz moi lentamente...repito e respiro de novo...Repouso a enerxía mobilizada. Penso: que aconteceu? De vagar vou abrindo os ollos e observando ás compas, estou no círculo”.

Agora, para compartir a vivencia que tiven durante o exercicio propoñemos facer pequenos grupos de cada 5 ou 6 persoas para intercambiar experiencias. Ofrecemos algunhas cuestións para a reflexión que poden valer de guía.

Preguntas guía (para a análise da vivencia durante o exercicio en pequenos grupos): 
* Como me sentín? (Que reaccións emocionais se moveron polo corpo?) 
* Que se me pasou pola cabeza? (Que pensamentos?) 
* Como respondín/actuei? Que estratexia usei? Mudei de estratexia? Que me fixo mudar de estratexia? 
*Que ten que ver isto coa minha vida? 
*En que medida pode conectar co real (coa vivencia da agresión/represión)? 
*Que roles detectei entre quen eliminaron os globos? 
*Que respostas observei nas compañeiras? 
Penso que funcionaron? 
*Porque penso que funcionou?  Por que penso que non funcionou? 
*E agora? Detectas algún medo que che bloquee para falar do sucedido?


En gran grupo, para quen queira compartir algunha experiencia, reflexión persoal ou do pequeno grupo con todxs.
_______________________________________________


CAFÉ CONVERSA
INTRO

Ante a necesidade dun espazo para a reflexión sobre os pasos dados, os erros e acertos nos procesos de denuncia dende os colectivos feministas ante diversas agresións machistas nos últimos anos. Un espazo de reflexión e tamén onde irmos acordando como facer fronte como movemento feminista ás agresións e outras posibles denuncias.

Debido ás dificultades atopadas neses procesos de denuncia e debido tamén a que as violencias non paran... sentimos á necesidade de dar respostas contundentes e ben deliberadas, coas que nos sintamos á vontade e para iso precisamos espazos de reflexión conxunta e de toma de decisións a ser posible, onde irmos consensuando: definicións, xeitos de facer e unha especie de mínimos compartidos á hora de responder conxuntamente ante posibles novos casos de agresión.

QUE IMOS FACER?
Por todo o anterior pensamos que a dinámica café conversa podería sernos útil. A idea é que nos facilite ese espazo de reflexión e discusión sobre cuestións máis de calado filosófico, conceptual e tamén práctico, e tamén un espazo onde irmos achegando ideas e propostas para o futuro a curto, medio e longo prazo.


COMO? 
Farémolo primeiro en pequenos grupos para logo compartilo entre todxs entre a tarde do sábado e a mañá do domingo (a exposición de 3 dos 4 casos quedará para mañá).
Decidimos botar man de casos ficticios que conectasen con realidades diversas e posibles. Ficticios para non ver implicadas moitas emocións e saírnos dos casos concretos dos que xa se ten falado moito, de todolos xeitos será imposible non voltar a eles, e deso se trata...que aprendizaxes podemos volcar para desenhar os camiños de resposta no caso dos casos que vos daremos.


PAUTAS
- seremos 6 persoas por grupo. 1 delas será relatora, podendo tamén participar da discusión na medida do posible.
- formaremos 4 grupos = 4 casos
- como rexistrar as respostas? Ofrecemos un esquema/mapa/cartografía posible pero flexible ante unha serie de preguntas guía tamén flexibles...pódese botar man da libre expresión e da creatividade! Cores, desenhos, etc.
- pedir concreción nas respostas ás cuestións plantexadas. Tentar plasmar o máx posible sobre o papel.
- tempo: 1h 30mins para o traballo en pequenos grupos + 1 hora posta en común (o sábado: expón 1 grupo o seu caso con 20 mins para a expo e 15 mins para peguntas e diálogo co gran grupo). O domingo pola mañá antes da avaliación final exporán os outros 3 grupos durante 2hs, contando con 40mins cada un.



PREGUNTAS GUÍA para a elaboración dunha cartografía (mapa de posible/s camiño/s) en base a casos prácticos ficticios.


É realista o caso? Pode suceder?
Que ten que ver coa miña vida?
Considero isto violencia?
Que tipo de violencia? Que forma ten esa violencia? Entre quen se dá? Onde sucede?

...Se foses ti a primeira persoa a quen llo conta...
Como facer o primeiro apoio emocional? Que debemos ter en conta?
A vítima/agredida que vías contempla para a restauración/reparación do dano?
Como facer o acompañamento?
Que recursos poderiamos precisar?

...Se ela recorre ao colectivo/movemento feminista para facer a denuncia pública...cal o seu papel? e se non recorre, que opcións temos..?

Dende o colectivo ou rede de colectivos e feministas...
Como nos gustaría responder? Cales os nosos obxectivos de resposta? (que queremos conseguir?)
Que pasos concretos poderiamos dar para conseguir eses obxectivos?
Cales as esferas de acción? (Onde incidir?)
Como nos organizamos?
Como coidarnos neses procesos?
Que recursos precisamos?
Que riscos/consecuencias/conflictos poden aparecer no camiño a cada paso? Como previlos? Como palialos?
Erros e acertos que aconteceron en situacións semellantes


Outras cuestións para a reflexión...
cal a proporcionalidade da resposta ante o nivel de agresión? (o carácter subxectivo e obxectivo desta cuestión...)
como minimizalos rumores? E o medo? E a incertidume?

E ti, tes algunha pregunta que queiras compartir? Escríbea aquí se che presta!

---------------------------------------------------------------------------------
CASO 1
A. e un mozo que decide contarlle a B. O que está a acontecer coa súa profesora de Estatística. Dende que o viu bicándose con outro rapaz, á saída do instituto, é frecuente que na aula faga comentarios despectivos como “xa sabemos que a homosexualidade non é natural” ou chistes ridículos nos que se refire a el con sorna, aludindo a que é un “desviado”. Un día colleuno a soas no corredor do insti e díxolle con ton intimidatorio que non o quería volver a ver con outro rapaz ou tomaría medidas.

---------------------------------------------------------------------------------

CASO 2.
T. é unha muller transexual que dende hai 20 anos mora veu a Galicia dende Colombia. Este verán foi a un festival organizado por un colectivo de esquerdas.
Conta que na noite do sábado á entrada do recinto a seguridade privada ao vela comezou a asubiar e a falar entre eles polo baixo e rindo. Ela escoitou que se dicían en ton despectivo “esta canto cobrará?”. T. respondeulles moi digna e ficaron calados.
Pasadas unhas horas atópaos de novo na casa de banhos. Conta que se achegaron a ela e que agarrándoa con forza polo brazo lle dixeron que os tiña que acompañar fóra. Recorda que había algnhas persoas mirando. Xa fóra metérona nunha furgoneta da organización e levárona ata un lugar exterior ao recinto, escuro e sen xente. Lembra que a empurraron e a tiraron ao chan onde a deixaron despois de dicirlle que “con esas pintas non lle ían pagar nin 5 eu por ter relacións con ela”.

---------------------------------------------------------------------------------

CASO 3.
A. é un rapaz con moita traxectoria activista e moi recoñecido entre a xente do movemento libertario.
Q. é unha moza coñecida por algunha das persoas do centro social okupado no que participa A.

A moza cóntalle a unha amiga (compañeira do c.s.) que despois de liarse varias veces co A. decidiu deixar de facelo. Conta que el comezou a presionala polo facebook para que se volvesen ver e mesmo un día apareceu na súa casa despois de que ela lle dixese que non quería velo.

Ademais conta que o outro día na festa do centro social estaba el e ao vela con outro rapaz mirouna con mala cara, e de cando en vez achegábase ao seu ouvido insultándoa en voz baixa, ademais de permanecer todo o tempo observándoa con desprecio.


Gustaríalle facer algo para que se soubese e para que non se volvese repetir. Ten medo de que continúe así e por iso estalle deixando de apetecer ir ás actividades que se organicen dende o centro social.

CASO 4.
C. e M. eran parella ata hai 2 meses. As dúas mozas forman parte do mesmo colectivo feminista LGBTIQ+. Hai uns días C. lle comenta a outra compañeira do colectivo que leva un tempo bastante triste e illada porque nos últimos meses da relación M. lle dicía que mellor pasase do grupo e que en xeral a tratou bastante mal nos últimos tempos e que por iso decidiu deixala. Coméntalle tamén que sempre se celou das demais e de que sempre a acusaba dos seus problemas.

Varias compas do grupo comentan que no último ano C. participaba pouco das actividades e deixara dir ás festas e ás accións, normalmente vían so a M.


Sem comentários:

Enviar um comentário

Nos dias 14, 15 e 16 de outubro de 2016 tivo lugar na Serra de Sam Mamede, em Ourense, o IIº Encontro de Autoformaçom Feminista sobre V...